sexta-feira, 1 de janeiro de 2021

Entrada de Aninovo

Entrada de Aninovo

 

Despedida de Ano Vello
e entrada de Aninovo,
os señores desta casa
as conten con moito gozo.

Catro mancebos xuntiños
aqui xuntiños estamos
e tan cansados os catro
que é preciso alimentarnos.

De moi lonxe xa viñemos,
noite que andar aínda falta
as forzas piden reparo,
mollo ás gorxas e non d'auga!

Chourizo e longaniza,
uña de porco, fuciño,
ou de xamón dúas tortillas
con dous xarriños de viño.

[instrumental]

Abran a porta, señores,
que por honrados nos temos!
Sabe Deus se p'ra outro ano
á porta lles cantaremos...

De cantar xa nos cansamos,
por probes non nos desprezem
que se algo os ricos non dan
os probes mal se remexen!

E esta vai por despedida,
hoxe eiqui non canto outra.
Os señores desta casa,
hoxe un ano me oian outra!

E esta vai por despedida,
hoxe eiqui non canto outra.
Os señores desta casa,
hoxe un ano me oian outra!

 

Letra e música: Tradicional (Galiza)
Arranjo: Ariel Ninas
Intérpretes: Catarina Moura, Ariel Ninas e César Prata* (in CD "Do Natal aos Reis: Cantos da Galiza e Portugal", aCentral Folque, 2019)

Sem comentários: